15/11/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Put Your Soul on Your Hand and Walk
Sepideh Farsi, 2025
Cormorán film fest 2025
Dende unha Gaza asediada, unha moza comparte a súa vida diaria cunha cineasta que a observa desde lonxe. Entre videochamadas, risas e bombardeos, ambas constrúen unha amizade improbable, tecida con imaxes que resisten ao esquecemento. Un testemuño de beleza e coraxe fronte ao horror dun xenocidio en directo.