Share
21/09/2024 - 20:30h | Teatro Rosalía Castro | A Coruña

PROTO (SN1806)

  • Espectáculo de Danza a cargo de Janet Novas

PROTO (SN1806)
Rede galega de teatros e auditorios

PROTO (SN1806) toma como punto de partida o fenómeno das supernovas. E se nos xuntamos e deixámonos morrer e estourar e ver despois que outros imaxinarios aparecen? Interésannos e interpelan estas experiencias de calor, explosión, visibilidade das diferentes capas que nos compoñen, luminosidade, morte, enriquecemento do espazo e formación de novos sistemas. Como estourar xuntas e xerar novos escenarios máis colectivos, máis luminosos e menos catastróficos? Experimentar este “último hurra” xuntas e crear novas formas de estar en comunidade. Unha viaxe desde o terreal todo o máis astral. Un espazo que nos devolva a integridade e a forza da calor colectiva. PROTO (SN1806) é unha proposta aberta, que convida a outros tempos de produción. A peza irase creando a través de varias cápsulas descoñecendo cal será o seu final, quizais non haxa final, quizais sexa infinito… Proto (SN1806) proponse como un espazo para crecer e abrir, para habitar o non saber que sabemos sen medo.