Share
07/05/2026 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Programa 2 | A infinita festa final

  • Liliana Colombo, Olivier Dutel, 2020-2022

Programa 2 | A infinita festa final
Permanencia do efémero

Icemeltland Park

Liliana Colombo, Reino Unido, Italia, 2020

40 min, DCP, inglés, portugués, xaponés, italiano, francés, alemán, VOSE

One Minute to Zero

Olivier Dutel, Francia, Bélxica, 2022

38 min, DCP, sen diálogo

Pode afectar a persoas fotosensibles

 

Emocionantes safaris de icebergs no Ártico. Marabillosas viaxes polo desxeo e a desertización. Celebrar que o mundo se acaba. Esta é a premisa de Icemeltland Park, un estremecedor quebracabezas xeográfico acerca do cambio climático. A realizadora italiana Liliana Colombo remestura con imaxinación e sarcasmo a feliz destrución do globo terráqueo, convertido mediante selfis e sorrisos nun apocalíptico parque temático.

One Minute to Zero, do realizador, artista visual e programador francés Oliver Dutel, é unha espectacular festa sonora e óptica. Unha fabulosa colección de vídeos dixitais de raves de todo o planeta —India, México, Brasil, Inglaterra— é refilmada en 16mm. As cegadoras cores estalan no medio da noite, o estrondo dos sound system fai vibrar o celuloide. Un asombroso remix de música, baile, lume e explosións, o desenfreo colectivo antes de que soe a hora final.