Share
11/09/2026 - 22:30h | Escenario Hipócrita | Lugo

Profetas

  • Unha coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro

Profetas

Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois. Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde a imaxinaron xuntos.

Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos. 
 

Ernesto Is obtivo con esta peza o XVI Premio Abrente de textos teatrais da MIT Ribadavia en 2021.

 

Ficha artística

Texto e dramaturxia: Ernesto Is

Dirección escénica, iluminación e espazo sonoro: Carlos Álvarez-Ossorio

Deseño e fabricación de máscara: Marga Portomeñe

Escenografía e vestiario: Producciones Artísticas Ítaca S.L. 

Elenco: Elea López e Carlos Rebolo