Share
20/03/2025 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Presentación do libro “Impugnar las normas. Intervenciones sobre arte, cine y política”, de Pere Portabella

  • Esteve Riambau (ed.), 2024

Presentación do libro “Impugnar las normas. Intervenciones sobre arte, cine y política”, de Pere Portabella
Pere Portabella

O cine de Pere Portabella é indisociable da arte e da política. Son disciplinas que se conxugan e retroalimentan desde unha actitude común: impugnar as normas, as sociais mais tamén as estéticas. Este é xustamente o título dun volume que reúne decenas de textos escritos polo autor durante sesenta anos, desde os seus inicios como produtor ata a actualidade. Inclúense artigos en diarios e revistas, presentacións das súas películas, prólogos de libros e catálogos de exposicións, conferencias, así como algunhas das súas intervencións como senador ou deputado durante as primeiras lexislaturas da democracia. Do mesmo xeito que o cineasta se preocupou por preservar a súa obra para garantir a súa difusión pública, agora chega a quenda dos seus escritos. Nesta edición prologada e anotada por Esteve Riambau, os textos articúlanse en tres grandes bloques: a oposición ao franquismo, os primeiros anos da democracia e o regreso ao cine tras Pont de Varsòvia, sen esquecer unha especial atención cara ao papel da cultura en Europa. Sen xamais separar a arte e a política do cine, xorden sinerxias e confrontacións que ofrecen un retrato moi fidedigno do pensamento de Portabella, á súa vez sustentado sobre interaccións con personaxes tan ilustres como Luis Buñuel, Josep Tarradellas, Joan Brossa, Antoni Tàpies, Joan Miró ou Carles Santos.

 

Con proxección posterior do documental Constelación Portabella.