Share
05/04/2024 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Presentación do fotolibro "Hot España", de María Meseguer

  • Coa participación de Javier Trigales, Juan Gallego, Ignacio Pérez-Jofre e María Meseguer

Presentación do fotolibro "Hot España", de María Meseguer
Fóra de serie

SOLAR de Edicións, 2023

Hot España é un fotolibro creado a partir dunha serie de percorridos por diversas cidades, por diversos interiores e exteriores, polo centro e os arrabaldos, por onde acaba a cidade e comeza o campo, ao longo dos anos, que insiste nunha ollada atenta, vagabunda e sensible.