Presentación Dark Lady
Concerto de Stormy Trucks

Os Stormy tocan rock and roll, puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos de este estilo, combinando temas propios con revisións dos clásicos.
No 2020 presentaron o seu primer disco, “Damn The Storm” (Struck By Lightning, 2020), unha verdadeira descarga de boa música e enerxía.
O disco recibíu excelentes críticas a nivel nacional, nos distintos medios entre os que destacan a especializada revista Ruta 66 (“...álbum que se mueve de manera brillante en el terreno de un rock and roll crudo y directo.”), o portal web Galician Tunes o distintos programas de Radio 3 RNE, nos que se destaca o carácter innovador e sofisticado do rock and roll dos Stormy Trucks.
“Os Stormy Trucks están aquí e veñen para quedarse! Formados a finais do 2018, Stormy Trucks practican R&R con maiúsculas, directo á vea, sen contemplacións, caralludamente elaborado e con moi mala intención. Cando os escoites, descubrirás por que se fan chamar así. A súa música soa igual de ben, ou mellor, que o motor dun camión americano clásico”. (César Varela, Historia do Rock Compostelán, para revista Pincha. Maio 2019)
O pasado 26 de abril do 2024 editaron “Dark Lady”, single de adianto do seu novo disco do mesmo nome, editado por Struck By Lightning Records e que se publicará no mes de maio; consta de sete temas dos que cinco deles están compostos por Valentín Caamaño e inclue dúas versións moi personales de clásicos do rock´n´roll. Entrarán dende entón na fase de presentación do mesmo.
Con este novo traballo siguen a evolucionar hacia un rock´n´roll cun selo claramente diferenciador e propio.