Share
23/04/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Presentación CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’

  • Jonas Mekas, 1966-2000

Presentación CADERNO FICBUEU#5: ‘Jonas Mekas. O cinema como a arte da memoria’
Fóra de serie

Jonas Mekas foi un cineasta, crítico e teórico do cine nado en Lituania en 1922 e finado en 2019. É coñecido pola súa contribución ao cine experimental e o seu papel destacado no movemento cinematográfico underground. Mekas foi unha figura clave na escena artística e cinematográfica de Nova York, especialmente durante as décadas de 1950 e 1960.

Presentación do libro publicado por FICBUEU sobre o cineasta con proxección das súas curtametraxes.