18/07/2025 - 12:00h
| Campo da Festa de Rois
| Rois
Por que é salgada a auga do mar?
Espectáculo de teatro a cargo de Os Quinquilláns- Teatro de Rúa

Cultura no Camiño
A tripulanta RÍAS BAIXAS e o tripulante NORAI son dous científicos con dúas hipóteses para explicar a salinidade das augas do mar. Mentres NORAI cre máis nas teorías científicas, RÍAS BAIXAS pensa que é grazas a unha lenda cuxos protagonistas viviron nun lugar moi perto. Tras representaren a lenda da auga do mar, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños encontrándose con peixes xigantescos e facendo partícipes a toda a comitiva de grandes descubrimentos.