01/10/2023 - 01:30h
| Sala Guión
| Pontedeume
Pölisong
Concerto do grupo Pölisong

Rede galega de música ao vivo
Pölisong nace en 2011 en Ferrol tras o encontro de catro apaixonados do rock and roll. Influenciados por lendas como Led Zeppelin, AC/DC ou Bad Company, e outras bandas máis recentes como Hellacopters ou The Answer, elaboran un amplo repertorio de cancións intensas e contundentes. Cargados de influencias da gloriosa época do Rock os 70 que lembran a Zeppelin, Free, Queen… e achegan unha firme declaración de intencións de rexuvenecer este estilo e demostrar que a chama do R´n´R aínda continúa acesa. Guitarras incendiarias, melodías redondas, directo atronador e, sobre todo, actitude sobre o escenario, son a súa denominación de orixe.