08/08/2026 - 18:30h
| Club Fluvial de Begonte
| Begonte
Pitusa Semifusa
Espectáculo de teatro e música para achegarnos os instrumentos
Cultura no Camiño
Vén coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.
Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a avoa e o irmán de Pitusa irán explicándolles ás cativas e aos cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.
Na banda de Pitusa a voz é Andrea Picos, Sérgio Tannus toca a guitarra e Olga Brañas o piano.