31/10/2025 - 19:00h
| Teatro Municipal
| Tui
Pitiminí: Concerto para bebés
Espectáculo teatral a cargo de Davide González

Rede galega de teatros e auditorios
Pitiminí: Concerto Para Bebés é un espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para ás súas familias. Unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor. Davide González e Iria Pinheiro continúan creando teatro familiar despois da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías. A súa bagaxe profesional en varias disciplinas ao redor das artes escénicas fai de Pitiminí un completo menú artístico que fomentará nas crianzas o desenvolvemento emocional e cognitivo a través da danza, da música e da poesía.