11/07/2025 - 12:00h
| Campo da festa de Urdilde
| Rois
Picadiscos
María Faltri

Cultura no Camiño
María Faltri propón un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil, que lles brindará aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar.
A partir da música e coa imprescindible axuda do público, interpretaranse de forma colectiva as cancións máis coñecidas da música infantil en galego e promoverase a súa aprendizaxe tanto por parte das nenas e nenos como das persoas adultas que as acompañen nas actuacións.