26/08/2025 - 20:00h
| Praza da Constitución
| Cee
Picadiscos
María Faltri

Cultura no Camiño
María Faltri propón un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, brindaralles aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar.
A partir da música e coa imprescindible axuda do público, interpretaranse de forma colectiva as cancións máis coñecidas da música infantil en galego e promoverase a súa aprendizaxe tanto por parte das nenas e nenos como das persoas adultas que as acompañen nas actuacións.