Share
17/07/2026 - 11:00h | Instalacións culturais e deportivas do Conco | Dumbría

Petróglifos

  • Un espectáculo de narración oral e monicreques a cargo de Carmen Domech

Petróglifos
Cultura no Camiño

Nace nos petróglifos o arco da vella? Probablemente.

Indican os petróglifos onde se agochan tesouros? Seguro que si.

E sobre todo: Gardan os petróglifos historias do pasado? 

Si, miles de historias. Moitas delas chegaron aos nosos días. O tempo foinas variando; quitando e engadindo acontecementos, crenzas ou costumes segundo as épocas. A algunhas chegoulles o momento de ser contadas de novo.

Mouras coidadoras da natureza que, ao contrario do que ás veces se dixo delas, son solidarias cos homes e só buscan a igualdade entre mulleres e homes.

A sabia vella do arco sae a pasear e enche o ceo e a nosa imaxinación de cores cos que voar.

Petróglifos de labirintos, serpes, cervas e estrelas. Todos nos falan da vida das xentes que habitaron a nosa terra fai moitos, moitos anos e que no esencial non son tan diferentes de nós. Todas as historias que estas pedras van relatar transmiten a necesidade da igualdade entre homes e mulleres para así conseguir un mundo máis xusto.

Narración oral, monicreques e algunha sorpresa vannos contar posibles historias que os petróglifos encerran.