Share
04/08/2023 - 22:00h | Rúas da Vila | Redondela

Peter Punk e o neno imperdible

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

Peter Punk e o neno imperdible
Cultura no Camiño

¿Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? 

Descubreo neste trepidante espectáculo. O terceiro de Peter Punk no que comparte elenco con Brais das Hortas. 

Un tendedeiro en equilibrio, un salto ao baleiro en monociclo, un voluntario morto e resucitado en escéa, seis instrumentos interpretados ao vivo (guitarras: clásica, eléctrica e portuguesa, acordeón e bocina) e ata Peter Punk se atreve coa harmónica!! E como final, A Chungatrona: un artefacto/trebello único no mundo, concebido por un pallaso. Estes son algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas. Unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas, un grande traballo de dirección e unha orixinal escenografía.

Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo e momentos de tensión e risco.