Share
22/10/2025 - 20:30h | Sala Bahía | Foz

As peripecias de Xurxo

  • Espectáculo teatral a cargo de Malasombra

As peripecias de Xurxo
Rede galega de teatros e auditorios

Xurxo é un señor un pouco tardo, que vai a unha escola de señores e señoras na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias e ese é o motivo da súa presenza alí. Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos todo o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores - que curiosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público - . Esta historia que fala de malos tratos escolares, é o pretexto perfecto de presentación dun home namorado dos libros e dos contos que vén contar a estas nenas e nenos a historia de Saltarina, un esquío cun emocionante periplo vital, a piques de morrer por culpa da deforestación e a contaminación. O conto dramatizado de Saltarina reflexiona acerca da importancia de preservar os nosos bosque autóctonos, así como nos serve de axuda para coñecer moita da flora e fauna de Galicia. Ao esquío acompáñano na súa aventura un gaio, tamén chamada pega marza, e un teixugo, ademais de atoparse con máis dunha trintena de animais e plantas que habitan os nosos bosques.

Malasombra producións S.L. fundouse no ano 2006 polo actor Xoque Carbajal. Hoxe, despois de unha década, afianzamos un proxecto empresarial que non só xera cultura e ilusión, senón tamén postos de traballo, converténdose nunha das compañías con máis distribución en Galicia.

Malasombra defende a comedia, pero faino como un medio de comunicación co público e non só como un fin. O humor permite relaxar os sentidos e axuda a que as mensaxes cheguen ao receptor sen que este teña as defensas pechadas. Por isto, parécenos o mellor vehículo para transportar as nosas historias, incluso as máis duras.