Share
30/05/2025 - 20:30h | Teatro Rosalía Castro | A Coruña

Perder a lingua

  • Espectáculo de cargo da comopañía de Eva Comesaña

Perder a lingua
Rede galega de teatros e auditorios

PERDER A LINGUA é unha peza de danza, voz, videocreación e escenografía traballan en simbiose para crear unha posta en escena conceptual que pon en valor as nosas raíces, territorio e singularidades culturais. 

Dispositivo escénico no que se recolle o proceso de construción dunha lingua. Da ausencia á pertenza, transitamos dende os primeiros esforzos da gorxa por comunicarse, ata a celebración de compartir e ser en común. O recurso gráfico e conceptual que nos acompaña é a forma das ondas sonoras: a liña debuxada polo espectograma imita a liña do horizonte, e as ondas cadradas definen os límites do espazo escénico.

Espectáculo de danza de pequeno formato e longa duración, para público adulto, concebido para salas e teatros, onde a interacción tecnolóxica amplía e reverbera a creación viva do escenario.