Share
10/08/2023 - 22:30h | Cantón da Leña | A Pobra do Caramiñal

Pequeno cabaret infantil

  • Espectáculo de teatro a cargo de Nelson Quinteiro Producciones

Pequeno cabaret infantil
Cultura no Camiño

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste n< instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música  para falar dos contos de toda a vida.

Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.