Share
30/04/2023 - 19:30h | Rúas de Ribadeo | Ribadeo

Pequeno Cabarét Infantil

  • Nelson Quinteiro Producións

Pequeno Cabarét Infantil
Rede galega de teatros e auditorios

Autor: Nelson Quinteiro Roia

 

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, o seu alegre música  para falar dos contos de toda a vida.

Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.