Share
21/05/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Pendaripen, la historia silenciada del Pueblo Gitano

  • Alfonso Sánchez, 2025

Pendaripen, la historia silenciada del Pueblo Gitano
Fóra de serie

Alfonso Sánchez, actor (Ocho apellidos vascos), director (Medalla do CEC a director revelación por El mundo es nuestro), guionista e produtor en cine e televisión penétrase no legado do pobo xitano. No momento en que se cumpren 600 anos da súa chegada á Península Ibérica, Pendaripen aspira a colocar a súa historia silenciada no lugar que merece, lonxe de romanticismos e estigmas. A través da participación de escritores, antropólogos, políticos e artistas xitanos, exponse unha aproximación á identidade xitana nunha conversa aberta sobre a migración, a discriminación e a mestizaxe cultural, seguindo o longo proceso de conquista de dereitos e loita contra imaxes estereotipadas fomentadas durante o século XX, nun proxecto comprometido coa memoria histórica e a xustiza social. (Seminci)