Share
23/10/2022 - 22:00h | Sala Krazzy Kray | Cambados

PEÑA

  • Concerto do grupo PEÑA

PEÑA
Rede galega de música ao vivo

Logo de publicar un fermoso EP chamado ‘Fórmula’ o pasado ano, Peña volven agora con este, o seu primeiro traballo de estudo titulado ‘Carreiro’. Un debut sorprendente que supón toda unha revelación, xa non en termos de transcender o folkie, senón no que se refire a música contemporánea en galego.

Asumindo a propia dependencia xentilicia como punto de partida, a banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) ten sido capaz de fiar un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal. Logo, en ‘Carreiro’, a pulsión subconsciente da musica popular énos representada de xeito ampliado, harmonicamente desbordante e extraordinario.

Un álbum que funciona a xeito de novo retorno, de hipnótica chamada ao fogar ulterior: Espazo familiar onde se proxectan imaxes da nosa infancia, aínda que nelas atopemos algúns elementos sutilmente recolocados... non todo está onde estaba.