21/02/2026 - 20:00h
| Auditorio Municipal
| Vigo
Parasimpáticas
Un espectáculo teatral de Lucía Veiga e Marita Martínez
Rede galega de teatros e auditorios
Dúas neuronas organizan unha Xunta Extraordinaria Neuronal para analizar o estado da materia gris galaica e estimular novas conexións galaico-simpáticas.
Cada punto da orde do día levará as neuronas asistentes a percorrer lugares comúns do consciente colectivo, no que a versión galega sempre é moito mellor.
Porque ser galego é un estado mental.
Neste novo espectáculo, Lucía Veiga e Marita Martínez exploran as realidades do galego valéndose do humor e de técnicas de improvisación.