06/06/2025 - 11:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Paraíso
VV.AA., 2025

(S8) XVI Mostra de Cinema Periférico
A sección Paraíso congrega un grupo de estudantes de Belas Artes atraídos polas potencialidades creativas da imaxe en movemento, que achegan as súas primeiras e suxestivas descubertas. O encontro xorde como un estímulo e unha maneira de tender pontes.
Na sesión mostraranse as películas do alumnado da Facultad de Bellas Artes de Salamanca e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo, coa incorporación nesta edición da Facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid. Unha ocasión de compartir e xerar debate arredor das pezas.
Paraíso enmárcase nas residencias eSe8_LAB, organizadas por (S8) Mostra de Cinema Periférico con subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais.