05/04/2025 - 20:30h
          | Teatro Rosalía Castro
              | A Coruña
      
  Para que non me deixes aquí soa
Espectáculo de danza a cargo da compañía de Julia Laport
Rede galega de teatros e auditorios
  
  Para que non me deixes aquí soa explora as interseccións entre o fermoso e o grotesco.
Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia Laport investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras en escena por Laura Iturralde e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais que manipula Martín Gonçalves, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando á artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.