Share
15/10/2023 - 12:00h | Teatro Principal | Pontevedra

Ás para Álex

  • Espectáculo de teatro a cargo de Baobab Teatro

Ás para Álex
Rede galega de teatros e auditorios

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ó parque..., a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - porque a min?, porque non podo xogar? Porque, porque e porque?...., está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.

Espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenas/os a partir de 5 anos.