Share
27/05/2023 - 20:00h | Fórum Metropolitano | A Coruña

Ás para Alex

  • Espectáculo de teatro infantil da compañía Baobab Teatro

Ás para Alex
Rede galega de teatros e auditorios

Elenco: Xosé Manuel Esperante e Cora Velasco

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar,

quedar cos amigos/as, ir ó parque..., e a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex

ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, e coma calquera

neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co

fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - porque a min?,

- porque non podo xogar? Porque, porque e porque?...., está tan enfadado que

deixa de mirar ao seu arredor, nin se decata que cada mañá o señor Andrés

dende o seu xardín saúdao co mellor dos seus sorrisos. Álex non é quen de ver

nada, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e coma unha fada sen

variña e sen pedir permiso entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.