Share
06/08/2023 - 19:30h | Pistas de Rabazal | Miño

Paporrubio

  • Espectáculo de teatro a cargo de Paporrubio

Paporrubio
Cultura no Camiño

O espectáculo do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O teatro, a música e a manipulación danse a man neste espectáculo de rúa no que a participación do público é fundamental e está garantida.

O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e  cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes.

A pretensión é facerlle accesible aos pequenos, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.