03/08/2023 - 21:00h
| Praza da Igrexa
| Lalín
As palabras perdidas
Espectáculo de teatro a cargo de Inventi Teatro
![As palabras perdidas](/sites/default/files/styles/main_image/public/eventos/136499.jpg?itok=CivRX6yr)
Cultura no Camiño
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buratos. Faltan palabras moi importantes como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia.