12/05/2024 - 18:00h
| Edificio Multiusos
| Monforte de Lemos
Palabras
Espectáculo teatral infantil a cargo da compañía Baobab Teatro

Rede galega de teatros e auditorios
A min gústame gardar palabras, palabras de amor ou de risa, palabras de cor ou palabras para comer na mesa , palabras de medo ou de sorpresa …., gardo todas as palabras para usalas cando as preciso. Vós tamén gardades palabras?
“Palabras”, é un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde as palabras e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.
Duración: 45 min, Idades recomendadas: de 1 a 8 anos.