Outrora Nós
Espectáculo teatral da compañía Mevadeus

A xeración Z, unha mocidade moitas veces silenciada e que con todo está fortemente implicada na loita social de todos os colectivos que sofren violencia na nosa realidade. Creando un teatro que busca o íntimo, que conecta a todas as persoas a través dun discurso propio, honesto e reivindicativo.
Nun contexto onde os delitos de odio contra o colectivo LGTBIQ+ e as violencias machistas poñen en dúbida os nosos dereitos, os relatos dos disidentes deben poñerse no foco. O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma. Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.