Share
15/03/2025 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Óscar Ibáñez & Tribo

  • Tribal XX

Tribal XX
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Tribal XX é o novo espectáculo do gaiteiro e frautista pontevedrés Óscar Ibáñez, co que celebra o 20 aniversario da súa traxectoria artística coa súa banda de directo Óscar Ibáñez & Tribo.

En Tribal XX combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos. Así pois, Tribal XX é unha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que realiza unha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora con predomio da sonoridade celta. Con este espectáculo e fiel ao seu persoal estilo, segue a contribuír á actualización, difusión e universalización da nosa música patrimonial, ao tempo que respecta a súa esencia.

Con Óscar Ibáñez & Tribo realizou máis de 200 concertos por toda a península ibérica, Alemaña, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais celtas máis importantes de Europa.

OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

Suso Iglesias, acordeón

Paula Gómez, violín

Xosé Liz, guitarra

Paco Dicenta, baixo

Leandro Deltell, percusión e batería

Óscar Ibáñez, gaita e frautas