28/07/2026 - 20:30h
| Sala Bahía
| Foz
Os senteito
Espectáculo teatral a cargo de Caramuxo Teatro
Rede galega de teatros e auditorios
Os Senteito é un espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia con máscaras e sen texto, protagonizada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda.
O señor Senteito vive nun pequeno contedor nunha pequena parcela do seu mundo vendo o día a día pasar. Un día chega a señora Senteito e a súa rutina mudará para sempre.