Share
19/10/2025 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Os senteito

  • Espectáculo teatral a cargo de Caramuxo Teatro

Os senteito
Rede galega de teatros e auditorios

Os Senteito é o novo espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia con máscaras e sen texto, protagonizada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda.

O señor Senteito vive nun pequeno contedor nunha pequena parcela do seu mundo vendo o día a día pasar. Un día chega a señora Senteito e a súa rutina mudará para sempre.