Share
06/02/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Os romeiros do alén + A malla

  • curtas, documental, galicia

Os romeiros do alén + A malla
Materiais para unha historia do cine en Galicia

OS ROMEIROS DO ALÉN. A Romaría de Sta. Marta de Ribarteme exemplifica como cando unha comunidade conta cun baixo desenvolvemento tecnolóxico na súa medicina, ou cando esta non responde favorablemente, a conciencia popular acode ao sagrado como instancia suprema. Así, o que estivo a piques de morrer e, por intercesión da Santa, logrou salvarse, teatraliza o milagre acudindo á festa das mortallas dentro da caixa que o tería que levar ao camposanto. Esta posta en escena é un medio de fortalecer a fe da comunidade, ao tempo que proporciona pingües beneficios aos axentes da relixión oficial.

A MALLA. A Galicia tradicional é pobre en medios económicos cos que contratar persoal. Naqueles traballos, como no caso da malla, en que a casa non conta con forza de traballo abondo, ten que acudir ao intercambio de axudas entre os veciños. O ambiente festivo que se xera nestes casos serve de estímulo para facer máis levadeira a dureza do traballo, ao tempo que se fortalecen os vínculos entre os membros da comunidade. A medida que se vai introducindo nova tecnoloxía, este espírito comunitario e festivo comeza a se tornar máis feble (ou transformarse).