04/07/2026 - 18:30h
| Espazo Lorenzo Varela
| Monterroso
Os Rizos de Lía
Contacontos musical a cargo de Gallaecia Eventos
Cultura no Camiño
Tulis, a contadora aventureira, acompáñanos na historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público infantil conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música para reflexionar, emocionarse… e bailar!
Cristian Leggiero: creador da historia e compositor das cancións da mesma
Paty Lesta – Tulis, a contadora aventureira: cantante e narradora.
Recomendado de 3 a 8 anos