28/08/2026 - 20:30h
| Praza Maior
| Xinzo de Limia
Os ourizos. O musical
Espectáculo de música e monicreques a cargo de Barafunda
Cultura no Camiño
Os Ourizos, o musical é unha obra de teatro musical (con música pregrabada) de monicreques (bocones, de pau e de guante) dirixida a un público familiar e infantil.
A peza trata temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, ás súas paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xéneros musicais.
Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida.