Share
24/11/2023 - 21:00h | Forum Metropolitano | A Coruña

Os nenos da varíola

  • Epectáculo de teatro a cargo de Pérez&Fernández

Os nenos da varíola
Rede galega de teatros e auditorios

30 de Novembro de 1803: "A Real Expedición Filantrópica da Vacina" parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Pérez&Fernández  en Coprodución co Centro Dramátigo Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar "Os Nenos da Varíola". Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.