29/06/2023 - 22:00h
| Centro Dotacional de Torroso
| Mos
Os músicos de Bremen na Praza do Obradoiro
Espectáculo de teatro a cargo de Animar-T Teatro

Cultura no Camiño
"Os novos músicos de Bremen" inspíranse nos catro personaxes do conto popular, pero a historia vai por outros derroteiros narrativos coa aparición doutros personaxes que farán que os nenos empecen a familiarizarse con determinados conceptos musicais. O noso obxetivo primordial é criticar o abandono animal e concienciar que as mascotas que temos na casa forman parte das nosas vidas, como un membro máis da nosa familia. As cancións cantadas en directo serán un vínculo entre a historia e os nenos, e descubriremos a algunha futura estrela da canción cando facemos o casting de cantantes nun momento da representación.