18/10/2025 - 00:00h
| Praza do Balneario
| Arteixo
Os do Fondo da Barra

Rede galega de teatros e auditorios
Os do Fondo da Barra nacen do grupo de cantareiros de 'Xacarandaina', asociación constituída en 1978 para a investigación do folclore galego, sempre procurando a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendendo ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia.
Ben en solitario ou acompañando ao grupo de baile, teñen percorrido gran parte da Península e participado en festivais no estranxeiro, acadando numerosos premios e recoñecementos por todo o mundo.