12/08/2025 - 12:00h
| Praia Xardín
| Boiro
Os contos de Pablísimo
Pablo Sánchez

Cultura no Camiño
Pablísimo, a compañía de narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil do actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez, cumpre 25 anos! As súas contadas, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Contos sobre igualdade (Príncipas e princesos), contos feitos coas mans (Mans), contos con moitas palabras (O paroleiro)... Todos os contos que se poidan imaxinar!