29/08/2026 - 17:00h
| Paderne
| Paderne
Orille!
Un espectáculo de humor de Pepo Suevos
Cultura no Camiño
Como facer un trámite administrativo pode ser unha traxedia... e convertilo en comedia! Durante unha viaxe que prometía ser moi tranquila de Santiago a Baños de Molgas, a Pepo Suevos cruzóuselle o destino... e ía vestido de verde!!! A xornada sería para esquecela, se non fose porque supuxo un cambio na vida do pobre Pepo, que aquel día foi o peor inimigo da Garda Civil e das normas de tráfico, pero hoxe pode contalo sen botarse a chorar. Iso xa o fará o público... pero da risa. Pepo Suevos é un dos humoristas con máis quilómetros feitos, con actuacións en directo sobre todo tipo de escenarios.