24/08/2025 - 18:00h
| Bandeira
| Silleda
A Organeta
Espectáculo de música a cargo de Pulpiño Viascón

Cultura no Camiño
A Organeta é un divertido e bonito órgano de Barbaria dos anos 60” que toca música de todo o mundo, swing, forró, rock, folk con percusión autómata e motorizado, restaurado por Pulpiño Viascón, un carriño musical con máquina de pompas e luces led cheo de instrumentos máxicos, serrucho musical, trikitixa, etc. Por onde pasa leva a ledícia e fai sorrir ao público presente, nunha experiencia inesquecíbel.