08/11/2024 - 20:00h
| Auditorio do Centro Cultural Manuel Murguía
| Arteixo
Opera Break's
Vella Escola

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Ópera Break's é un espectáculo que mestura ópera, breakdance, beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Contan unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?