Share
05/08/2025 - 11:30h | Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey | O Grove

Onde viven os monstros

  • Espectáculo de teatro a cargo de Carmen Domech

Onde viven os monstros
Cultura no Camiño

Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos:

“Onde viven os monstros”

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

“O monstro de cores”

Baseado no libro de Anna Llenas. Uns monicreques divertidos representan o conto O monstro de cores.

O monstro precisa un pouco de axuda do público para identificar as súas emocións e descubrir que sucesos e situacións poden levalo a ser un monstro de diferentes cores.

Entre todas e todos conseguiremos ordenar as súas emocións.

“Monstros na comida”

Ao chegar a casa coa compra do supermercado, descubrín asombrada que tiña monstros na comida. 

Uns graciosos monicreques monstruosos van saíndo de diferentes comidas, para contarnos quen son e por que non queren estar alí.