19/07/2024 - 18:00h
| Piscina de Os Tilos
| Teo
Onde viven os monstros
Espectáculo de Teatro a cargo de Cía Títeres Brincadeira

Cultura no Camiño
Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos:
“Onde viven os monstros”
Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.