06/11/2024 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Oncle Yanco + Salut les cubains + Black Panthers
familia, documental, socialismo, revolución

Universo Agnès Varda
Proxecciós de tres curtametraxes da directora francesa Agnès Varda:
- Oncle Yanco (1967), peza ensaística en clave lúdica sobre o encontro da cineasta cun tío perdido do que descoñecía a súa existencia.
- Salut les cubains (1963), diario de viaxe a Cuba con fotografías a ritmo de chachachá.
- Black Panthers (1968), documental sobre este movemento político rodado in situ, nas manifestacións e cos activistas que o vieron nacer.