Share
19/08/2025 - 19:30h | Praza do Convento | Melide

Ollo Piollo!

Ollo Piollo
Cultura no Camiño

Ollo Piollo é un grupo musical creado en 2021 co fin de darlle unha alternativa galega musical ao público infantil. Formado por músicos e animadores, logra que os seus concertos sexan divertidos e inesquecibles para todo o público.

Un grupo musical formado no ámbito educativo e de tempo libre, que fai que conecte instantaneamente co público infantil. 

Ollo Piollo lanzou o seu primeiro disco,  Canta Contos - Sons da Batea, en novembro do 2021. Este álbum, composto por nove cancións, contén ritmos variados: podemos escoitar dende country ata bosanova pasando por hip-hop ou regaetton. Todas as cancións están baseadas en cancións que a rapazada cantaba e canta nos campamentos, así como en contos infantís.