Share
03/11/2024 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

OhOlimpiadas!

  • Espectáculo a cargo de Pistacatro Productora de Soños S.L.

OhOlimpiadas!
Rede galega de teatros e auditorios

Que pasaría se a nosa vida fose sincronizada como o Tour de Francia , ou como os saltos sincronizados…? E se nos comportásemos como cert@s deportistas na nosa rutina diaria? Este espectáculo baséase na cotiandade da vida retransmitida como un deporte en directo para crear un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e os portés acrobáticos. E por suposto todo bañado cunha boa dose de humor que dá soporte a este mundo de disparate que construímos para o deleite de todos os públicos.