Share
27/04/2025 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Oh-Pera!

  • Espectáculo de circo a cargo de Circo Chosco

Oh-Pera!
Rede galega de teatros e auditorios

Un show de Circo contemporáneo, para todos os públicos

 

Mezcla de teatro, humor e circo, onde o realismo síntese nas  técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista.

Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturgia onde os personaxes atravesan  situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas 

 

OH-PERA trasládanos a un lugar no que todo é posible.

Dúas personaxes que chegan a un lugar baleiro , para enchelo e cambialo todo

A través da música comezan a suceder un sen fin de situacións diversas.

O xogo, aparece en forma de circo no que o amor, o humor , o risco desenvólvense dunha forma única.

Do mesmo xeito que sería unha película sobre a nosa vida... aquí todo cambia e avanza.

Os escenarios cambian , as emocións evolucionan e as diferentes situacións que ocorren en escena levan a estes personaxes a momentos tan arriscados como divertidos

Técnicas aéreas, acrobacias e malabar aparecen dunha forma creativamente única , na que o risco é real, na que un escenario baleiro cobra vida e énchese dunha forma nunca vista